domingo, noviembre 26, 2006

Polo Incio con Anxel Fole...


"O Pazo de Lucencia foi feito no século XVII. Como autros moitos pazos, quedóu sin rematare, e fóronselle engadindo partes nos outros sigros. Polo que sentín contar, había eilí unha torre-fortaleza do sigro XV.
A fábrica é de pizarra i os marcos das portas, fiestras e balcós, de marbre do país. Ten moitos balcós de ferro, masi ningún de pedra. Por cada balcón hai polo menos tres xanelas. É dos poucos pazos que non teñen solaina. Como está en sitio ben costoso, por unha banda ten dous pisos, e por autra tres. A entrada principal é pola banda do norte. Moi sinxela, sen adornos de ningúa cras, cáseque parez máis ben unha pendella que o pórtico dun pazo. Frente por frente da gran entrada cuberta, está a capela. É de pranta redonda e ten no cimo do tellado, tamén redondo, unha luceira ou linterna, o que lle dá, vista de lonxe, certa facha de igrexa rural rusa".
(Terra Brava)

NOTA: A foto corresponde ao Pazo de Dompiñor pero é seguro que a descrición do Pazo de Lucencia se inspira nel.

" A eirexa do Hospital é unha eirexa románica, pequena, mais moi fermosa, de marbre azuado do país. Nas beiras do adrio, hai dúas torres arredadas da aeirexa, cas paredes cheas de hedra. Vese que en tempos antigos eran moito máis altas, e que se caíra a parte cimeira, ou lles foran rebaixando. Unha é hoxe campanario i a outra está convertida en panteón dos señores da casa da Pobra. A eirexa foi fortaleza dos Hospitalarios, que gardaban o antigo vieiro de peleriños que pasa por eilí, e que, según sentir decir, vai collelo chamado Camiño Francés non lonxe de Rubián de Cima. Drento da eirexa pódese ver o sartego dun Comendador da Orde. O adrio é sombrizo con castiñeiros e concheiros i un gran eucalipto ó pe do panteón".
(Terra Brava)

lunes, agosto 21, 2006

Atenas en la Enciclopedia francesa (siglo XVIII)

W. Purser, Atenas desde la colina de las musas (1839)

ATHENES, (Géog. anc. et mod.) ville de Grèce, célèbre par son ancienneté, par les savants hommes et les grands capitaines qu'elle a produits. C'est aujourd'hui peu de chose en comparaison de ce qu'elle était : il y a quinze à seize mille habitants, dont le langage est un grec corrompu ; elle appartient aux Turcs ; elle est sur le golfe d'Engia ; c'est la capitale de la Livadie. Long. 41. 55. lat. 38. 5. On l'appelle vulgairement Setines ; il y a une citadelle ; c'était l'acropole des anciens : cette citadelle est entre deux éminences ; l'une était le Musaeum, et l'autre le mont Anchesmus. Il y a quelques antiquités ; celles du château sont les mieux conservées. Ce château est sur une colline ; il renferme un temple en marbre blanc et à colonnes de porphyre et marbre noir, qu'on dit magnifique et spacieux. On voit au frontispice des figures de cavaliers armés ; dans le pourtour, d'autres figures moins grandes ; des bas reliefs, etc. Au bas du château, il reste dix-sept colonnes de marbre blanc, de trois cens qui formaient anciennement le palais de Thésée : ces colonnes ont dix-huit pieds de tour au moins, et sont hautes à proportion ; on lit sur une porte qui est entière, au-dehors : Cette ville d'Athènes est assurément la ville de Thésée ; et en dedans : Cette ville d'Athènes est la ville d'Adrien, et non pas de Thésée. On voit encore le fanari ou la lanterne de Démosthene ; on dit que c'est là que ce grand orateur s'enfermait pour étudier son art. C'est une petite tour de marbre, environnée de six colonnes cannelées, et couverte d'un dôme, au-dessus duquel il y a une lampe à trois becs en ornement d'architecture ; la frise est chargée d'un bas relief où l'on distingue quatorze groupes de deux figures chacun ; ce sont des Grecs qui combattent ou qui sacrifient. Il y a encore quelques ruines de l'aréopage, d'un temple de la Victoire, l'arsenal de Licurgue, un temple de Minerve, la tour des Vents dont Vitruve a parlé, et quelques autres monuments.

viernes, agosto 18, 2006

Viajeros en Grecia: Benjamín de Tudela (siglo XII)

Poco se sabe de las motivaciones que llevaron a este judío español a viajar hasta el Golfo Pérsico Arabia y Egipto en época tan remota. De su paso por Grecia interesan las siguientes fragmentos:

Desde Corinto hay dos días de viaje hasta la gran ciudad de Tebas, en donde residen unos dos mil judíos, que son los más habilidosos artífices de telas de seda y púrpura de Grecia. Hay entre ellos eruditos expertos en la Mishná y el Talmud, además de otros hombres prominentes (...)
Desde Rabonica hay un día de viaje hasta Sinon Pótamo, donde residen unos cincuenta judíos, a cuya cabeza están los rabinos Salomón y Jacob. La ciudad está situada al pie de las colinas de Valaquia. El pueblo de los válacos habita en estas montañas. Son tan rápidos como ciervos y bajan de las montañas para saquear y asolar la tierra griega. Nadie puede subir y enfrentarse a ellos, y ningún rey los gobierna. No se mantienen fieles a la fé en Cristo, sino que se ponen nombres judíos. Algunos dicen que son judíos y, de hecho, llaman a los judíos hermanos, y cunado se encuentran con ellos ni los roban ni los matan, cosa que hacen con los griegos. Los válacos constituyen una nación completamente sin ley.
Desde aquí hay dos días de viaje hasta Gardiki, que está en ruinas, aunque viven allí unos cuantos griegos y judíos. Desde aquí hay dos días de viaje hasta Armylo, ciudad importante al borde del mar, habitada por venecianos, pisanos y genoveses, pues hasta aquí llegan mercaderes desde todas partes (...)

La descripción de Constantinopla es más prolija y llena de informaciones:

Un viaje de tres días conduce a Ábidos, situada sobre un brazo de mar que fluye entre montañas, y después de un viaje de cinco días se llega a la gran ciudad de Constantinopla, capital de todo el país de Javán, nombre que recibe Grecia. Aquí está la residencia del emperador Manuel. Doce ministros están a sus órdenes y cada uno tiene un palacio en Constantinopla, poseen también castillos y ciudades. Ellos gobiernan el territorio. A su cabeza está el rei Hiparco, el segundo en el mando es el Megas Domesticus, el tercero el Dominus, el cuarto es el Megas Ducas y el quinto el Megas Economus. Los demás llevan nombres semejantes. El perímetro de la ciudad de Constantinopla es de dieciocho millas. Una mitad está roeada de mar y la otra de tierra. Está situada sobre dos brazos de mar, una procedente de Rusia y el otro de Sefarad.

miércoles, agosto 09, 2006

Caranyosis (Karagkiozis): o teatro de sombras grego


O teatro de sombras Caranyosis (do turco kara "negro" e göz "ollo", é dicir, "ollos negros", polo tanto "pícaro e malvado") é o mellor exemplo de teatro e diversión popular en Grecia desde os inicios do século XIX. As orixes desta forma de teatro son claramente asiáticas e parece que nace ao redor do século I na India e en Malasia. Co paso dos séculos estendeuse por toda Asia e chegou ata as costas mediterráneas co avance turco, a partir do século XIV, onde se adaptou ao espírito grego, sobre todo en Constantinopla.
Caranyosis é o personaxe principal, agudo e pícaro súbdito do sultán, ás veces rico e ás veces pobre, bo patriota grego, defensor dos débiles, amable e odioso segundo as circunstancias. Ao seu redor, aparecen personaxes como Colitiris, fillo de Caranyosis, Barba-Yiorgos, montañés únicamente preocupado por atopar muller e casar, Jatsidiabatis, turco, é a besta negra de Caranyosis, Sior Dionisos, elegante pretencioso, Morfoniós, intelectual pedante, Alexandre Magno, anacronismo notable pero que interactúa con todos eles, a Serpe Maldita, etc.
Ao principio as marionetas estaban feitas con pel de camelo untada en aceite e coloreada, hoxe fanse de cartón recortado ao que se lle engaden teas de cores. Hainas tamén de madeira, latón e mesmo as teño visto de plástico. Sobre unha pantalla iluminada -o berdé-, os actores "xogadores de Caranyosis", en grego, móvenos con dous ou tres pauciños e interpretan todas as voces. A música nunca falta, xa sexa cunha pequena orquesta ou cun disco.
A miña experiencia dime que esta tradición segue a estar viva, de feiro a televisión programa aventuras de Caranyosis en horario matinal e en Plaka teño visto un xardín, onde todas as noites hai representacións. Asegúrovos que sempre o vin cheo.

lunes, agosto 07, 2006

Préstamos turcos no grego moderno

O bazar de Atenas ( Edward Dodwell)

Os turcos chamaron e chaman a Grecia Yunanistán "terra dos xonios", pois foi a Xonia, en Asia Menor, o primeiro territorio grego co que se atoparon no seu camiño cara occidente. Desde entón a convivencia de ambas linguas durante máis de catrocentos anos fixo que moitos termos e algunhas construccións sintácticas turcas entrasen na lingua grega. Para aquel que se achega ao grego moderno desde o grego antigo, estes son os termos máis escuros e difíciles de comprender e asimilar. Para a transcripción, sigo as normas de G. Núñez en Histora de la literatura griega moderna.
Nomes de alimentos: dolmás, keftés, bamia, melintsana, musakás, baklavás, tsatsiki, jalvás, lukumás.
Nomes de obxectos: musamás, bakiri, tsanda, tsepi, rafi, kapaki.
Nomes de oficios: bakalis, jasapis, manavis, jamalis.
Nomes relativos á urbanismo e arquitectura: sokaki, kalnderími, majalás, sindriváni, tsamí, tsami.
Outros termos: musafiris, aféndis, gléndi, tembélis, duniás, temenás.
Sufixo -oglu (fillo de): Cóndoglu, Bostansóglu.
Sufixo -tsís para oficios: taxitsís, kafetsís.
Interxeccións: amám.
Adverbios: jalali, tsamba, veresé, e a súa reduplicación para intensificalos, sigá sigá, yíro yíro.
Espero seguir enchendo esta lista...

Istambul'u dinliyorum. Escoito Estambul


Hai tempo que este verso ronda pola miña cabeza e agora acabo de descubrir a súa procedencia. Pertence a un fermoso poema do poeta turco Orhan Veli Kanik (1914-1950), que me atrevo a traducir da versión orixinal coa axuda de outras traduccións ao inglés e ao francés.
Escoito Estambul cos ollos fechados.
Ó primeiro sopra unha brisa lene
e, paseniño, abanéanse
as follas das árbores .
De lonxe, de moi lonxe
soan as campaíñas dos augadores.
Escoito Estambul cos ollos fechados.

Escoito Estambul cos ollos fechados.
De golpe pasan paxaros
voando en bandadas e chiando.
Arrastran as redes para pescar.
Unha muller batuxa cos pés na auga.
Escoito Estambul cos ollos fechados.

Escoito Estambul cos ollos fechados.
O Gran Bazar está moi fresco
e hai moito barullo no Mercado.
Os adros das mesquitas están cheos de pichóns.
Dos peiraos chega o repenique dos martelos
e o vento da fermosa primavera arrecende a suor.
Escoito Estambul cos ollos fechados.

Escoito Estambul cos ollos fechados.
Estou mareado e con dor de cabeza pola esmorga de onte.
Unha mansión á beira do mar con embarcadoiros estragados
durme na calma do vento do sur.
Escoito Estambul cos ollos fechados.

Escoito Estambul cos ollos fechados.
Unha rapaza fermosa pasa pola rúa.
Palabras de catro letras, asubíos, cantigas, comentarios soeces.
Algo cae da súa man ao chan.
É unha rosa.
Escoito Estambul cos ollos fechados.

Escoito Estambul cos ollos fechados.
Un paxaro revoa arredor da túa saia.
Hai calor na túa fronte? Ou non? Eu seino.
Están húmidos os teus beizos? Ou non? Eu seino.
A lúa de prata sae por detrás dos piñeiros,
podo sentilo nos latexos do teu corazón.
Escoito Estambul.

viernes, agosto 04, 2006

A Glyptoteca de Munique (Alemaña)

De viaxe por Alemaña descubrín esta xoia neoclásica, que forma parte dun conxunto arquitectónico composto por unhos magníficos Propileos cos nomes dos que loitaron por liberar a Grecia do xugo otomano e outro edificio semellante a este. Todos eles son obra de Leo von Klenze.
A colección de esculturas que garda non é moi grande pero si que é importante. Entre as obras que puden ver está o "Fauno durmido" e as esculturas do templo de Atenea Afea de Exina. Hai tamén unha ampla colección de bustos romanos, algún sarcófago e estatuas de deuses. Tamén custodian alí "O neno da oca". A verdade que nesa hora eu era o único visitante e non tiven que pagar por entrar. Un dos gardas contoume que unha parte das obras son copias, pois o edificio resultou gravemente danado na II Guerra Mundial, de feito faltan todos os frescos que decoraban os teitos e as paredes das galerías, e hai pegadas de restauración no tímpano da entrada.

sábado, julio 08, 2006

Unha pintora grega en Galiza



Sula Repani e Miguel Karballo son dous pintores amigos meus que viven e pintan influíndose mutuamente. Dela podo dicir que me axuda co grego moderno, lingua na que intento afianzarme desde hai algún tempo. Ela é, ademáis, excelente pintora de estranos paraísos, unhas veces cheos de luz, e outras, máis escuros. Creo que iso depende do seu estado de ánimo. Chegou a estas terras desde a illa de Lesbos, lugar da que é orixinaria, e desde Iliúpolis, barrio de Atenas, cidade na que estudiou e medrou. Xa pronto fará vinte anos que vive entre nós, pero nela Grecia está sempre viva, e alí volve unha e outra vez cada ano.
Este cadro que ilustra este pequeno artigo leva por título"A intranquilidade do merlo".