A Glyptoteca de Munique (Alemaña)
De viaxe por Alemaña descubrín esta xoia neoclásica, que forma parte dun conxunto arquitectónico composto por unhos magníficos Propileos cos nomes
dos que loitaron por liberar a Grecia do xugo otomano e outro edificio semellante a este. Todos eles son obra de Leo von Klenze.

A colección de esculturas que garda non é moi grande pero si que é importante. Entre as obras que puden ver está o "Fauno durmido" e as esculturas do templo de Atenea Afea de Exina. Hai tamén unha ampla colección de bustos romanos, algún sarcófago e estatuas de deuses. Tamén custodian alí "O neno da oca". A verdade que nesa hora eu era o único visitante e non tiven que pagar por entrar. Un dos gardas contoume que unha parte das obras son copias, pois o edificio resultou gravemente danado na II Guerra Mundial, de feito faltan todos os frescos que decoraban os teitos e as paredes das galerías, e hai pegadas de restauración no tímpano da entrada.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home