sábado, julio 08, 2006

Unha pintora grega en Galiza



Sula Repani e Miguel Karballo son dous pintores amigos meus que viven e pintan influíndose mutuamente. Dela podo dicir que me axuda co grego moderno, lingua na que intento afianzarme desde hai algún tempo. Ela é, ademáis, excelente pintora de estranos paraísos, unhas veces cheos de luz, e outras, máis escuros. Creo que iso depende do seu estado de ánimo. Chegou a estas terras desde a illa de Lesbos, lugar da que é orixinaria, e desde Iliúpolis, barrio de Atenas, cidade na que estudiou e medrou. Xa pronto fará vinte anos que vive entre nós, pero nela Grecia está sempre viva, e alí volve unha e outra vez cada ano.
Este cadro que ilustra este pequeno artigo leva por título"A intranquilidade do merlo".