O monumento de Filopapo (Atenas)

Datado no no 114 d.C., foi erixido polos atenienses como monumento funerario do príncipe Gaio Xulio Antíoco Filopapo, neto do derradeiro rei da Comagene -rexión do norte de Siria-, deposto por Vespasiano no 72 d.C. O príncipe exiliado -Filopapo significa "que ama ao seu avó"- instalouse en Atenas, acadou a cidadanía e participou da vida civil e relixiosa.
O interesante da ilustración é que nos presenta o monumento tal como estaba antes da súa restauración e consolidación. Ao pe do mesmo, unhos viaxeiros, acompañados por un guía local e mesmo por un home armado, miran con atención o monumento mentras as damas contemplan Atenas. Unha estampa moi acertada do espírito que invadía á Europa do XVIII e do XIX, que vía no "Grand Tour" polos lugares da Antigüidade o complemento obrigatorio de toda educación
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home