O Crismón de Quiroga

O Museo de Lugo garda unha das xoias da primeira arte cristiá en Galiza: a táboa de mármore gris do Incio, procedente dun antigo altar do século V d.C. co anagrama de Cristo: X P (superpostas) flanqueadas por un alfa e un omega. É símbolo antigo e frecuente nas igrexas e debe entenderse así: Cristo (é) o principio e o fin. A inscrición circundante comeza con outro monograma, está dividida por unha folla de hedra e di: AURUM VILI TIBI EST ARGENTI PONDERA CEDANT PLUS EST QUOD PROPRIA FELICITATE NITES, o que traducido vén sendo: O ouro é vil para ti, váianse as riquezas de prata, máis é o que brillas pola túa propia felicidade. Resulta un pouco críptico, pero entendo que a felicidade que dá Cristo vale máis que todo o ouro e a prata xuntos.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home