Grego, latín e inglés: unha mesma orixe

A familia de linguas indoeuropeas que se estende desde o sánscrito clásico e o hindi moderno na India ás linguas eslavas e celtas do norte o oeste de Europa, onde tamén se sitúan o grego e o latín (cos seus derivados romances) e tamén as linguas xermánicas, comparten un pasado común aínda rastrexable en moitas palabras. Un dos procesos fonéticos que máis ten diferenciado ao grego e ao latín das linguas xermánicas é o cambio sistemático nas consoantes oclusivas ou Lei de Grimm, segundo o cal as aspiradas sonoras (bh, dh, gh) > sonoras (b, d, g) > xordas (p, t, c/k) > fricativas xordas (ph/f, th, ch/h). Se a esto lle engadimos que as palabras indoeuropeas estaban sometidas a unha peculiar alternancia vocálica(e/o/-), xa non teremos problema para aceptar que as latinas: pater, fero, tres, decem, edo, frater, gnosco, pes (ped-) ou dens (dent-) son as mesma palabras que atopamos en inglés baixo as formas: father, I bear, three, ten, I eat, brother, I know, foot e tooth.
Para saber máis sobre este tema: http://www.proel.org/mundo/indoeuro.htm
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home