lunes, junio 19, 2006

Forma antigas, símbolos novos

O Cristianismo na súa orixe era anicónico, é dicir, non tiña imaxes para a representación de Cristo. Cando entrou en contacto co marabilloso mundo da relixión grecolatina, non dubidou en inspirarse nas imaxes dos antigos deuses para representar ao novo deus. Velaquí algúns exemplos: Unha das primeiras representacións de Cristo como o Bo Pastor, dos primeiros séculos da nosa era, e o Moscóforo do século VI a.C.

Outra imaxe de Cristo como Bo Pastor, neste caso unha pintura das catacumbas de Priscila en Roma, preséntanolo rodeado de animais e está directamente copiada da representación do poeta, músico e teólogo Orfeo.

Tamén a imaxe da Virxe e o neno (aquí un óleo da escola española do século XVI), inspírase na representación da deusa exipcia Isis co seu fillo Horus no colo:

Á vista destes exemplos podo afirmar con rotundidade aquelo de "Nihil novum sub sole".