lunes, junio 19, 2006

Unha imaxe única de Atenas

A penúltima vez que estive en Grecia visitei o Museo da Cidade de Atenas e atopeime con este estraño cadro. Pero, onde reside a súa rareza? En 1687 unha bomba veneciana destruiu o Partenón para sempre. Unhos anos antes -en 1674- o marqués de Noitel, embaixador de Luis XIV de Francia, visitou Atenas. Jacques Carrey quixo representalo co seu séquito diante da cidade e dese xeito deixounos para sempre unha das poucas imaxes que se conservan dese emblemático edificio antes da súa destrucción. A vista da cidadae, rodeada de murallas e inzada de minaretes, fala do longo período de dominación turca.
Jacques Carrey
O marqués de Nointel e o seu séquito diante de Atenas e da Acrópole (1674)